
A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun aviso amarelo por chuvias e tormentas a partir das 16h. desta tarde de 14 de setembro na comarca de Valdeorras e na montaña ourensá.
Prevese unha precipitación acumulada de 15 mm nunha hora, así como tormentas cunha probabilidade de entre o 40 e o 70%. Segundo a AEMET, a fin do aviso amarelo está prevista para as 22:59h.