OurenseÚltima hora

Axentes da Policía Nacional deteñen en Ourense a dúas persoas por varios delitos de “roubo con forza nas cousas”

Os detidos son os presuntos autores de dous roubos con forza no interior de dúas lavanderías da cidade e doutro roubo con forza nunha máquina máster de recadación dun establecemento de 24 horas de venda de comida e bebida

 

A Policía Nacional detivo a dúas persoas en Ourense por tres delitos de roubo con forza nas cousas. Na primeira lavandería da cidade, “un dos detidos utilizaba un machada para violentar as máquinas de cambio para apropiarse da recadación, mentres que o segundo detido quedaba no exterior do establecemento para realizar labores de vixilancia. Noutra lavandería, os detidos directamente levaron a máquina de cambio valorada nuns tres mil euros”, explican dende o corpo da Policía Nacional.

Nesa mesma semana, os detidos “violentaron tamén a máquina máster de recadación dun establecemento 24 horas dedicado á venda de comida e bebida, accedendo así ao diñeiro recadado”.

Tras realizar a investigación de ambos feitos, os xentes do grupo de UDEV da Comisaría de Ourense, identificaban a dous individuos como “presuntos autores e procedendo á súa localización e detención”. Os detidos pasaron a disposición xudicial.

 

Artigos relacionados

Back to top button