CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Axentes forestais e alumnos do colexio de Viloira (O Barco) instalan caixas niño no Xardín da Casa Grande

Esta iniciativa de educación medioambiental estaba promovida polo Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives

Publicidade

 

Dentro do programa de actividades medioambientais que vén organizando nesta primavera o Distrito Forestal XIII Valdeorras-Trives con motivo do Día da Árbore incluíase este luns a colocación de 6 caixas-niño en varias árbores do Xardín da Casa Grande de Viloira (O Barco).

Esta actividade de educación ambiental realizábase en colaboración co alumnado do CEIP Otero Pedrayo de Viloira e con ela complétase o calendario de actos previstos cos centros educativos da comarca de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button