ConcellosTrivesÚltima horaVídeos

Axuda humanitaria para o pobo ucraíno dende A Pobra de Trives

Hoxe recibían na sede de AGA-Ucraína no polígono de Pocomaco (A Coruña), os paquetes recollidos no Concello

 

Na tarde deste xoves 10 de marzo recibían na sede de AGA-Ucraína no polígono de Pocomaco (A Coruña), todos os paquetes de material (alimentos non perecedoiros, medicamentos, roupa de abrigo, material de cura, produtos de aseo e hixiene persoal) que o Concello da Pobra de Trives recollía dos numerosos veciños que amosaron a súa axuda e solidaridade co pobo ucraíno; e xa mañá, venres 11 de marzo sobre as 11 horas “sairá este primeiro tráiler con axuda humanitaria de AGA-Ucraína”, asegura orgullosa a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez. Ela mesma explica que as alcaldías de Truskavets e Leopolis están a esperar o tráiler “e xa indicaron o lugar onde se depositarán as mercancías, situado moi preto da fronteira con Polonia”.

“A Asociación AGA-Ucraína, conformada por iniciativa de inmigrantes ucraínos das catro provincias galegas está en contacto permanente co Goberno de Ucraína para facer chegar a axuda aos lugares onde sexa máis necesario e recibiu o agradecemento do presidente da Xunta polo seu labor”, di Patricia, explicando que o transporte ata a fronteira con Ucraína no lugar indicado polo Goberno, está financiado por Afundación, Obra Social Abanca. “Unha colaboración público-privada que negociada con previsión e anticipación fai chegar a axuda ao pobo ucraíno de xeito solvente e directo”, di.

Pola súa parte, a alcaldesa agradece a xenerosidade dos veciños e tamén o labor dos traballadores/as do Concello “que axudaron a empaquetar e clasificar todo conforme nos indicaban, así como aos voluntarios que nos axudaron a cargar o camión”.

 

Artigos relacionados

Back to top button