En portadaÚltima hora

Baixan a 16 os casos activos de Covid en Valdeorras, 2 menos que onte

Unha das rúas do Barco.

 

Novo descenso na curva do coronavirus en Valdeorras. Neste venres 11 de xuño a comarca rexistra 16 casos activos, 2 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No Barco contabilízanse 13 positivos, o que supón 2 menos que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello que baixa de >25 e ≤75 a >10 e ≤25 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días. Ademais Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo, A Rúa continúa con 1 positivo e Vilamartín de Valdeorras con 1 positivo. O resto dos concellos da comarca seguen libres de virus.

Por outra banba, no Hospital Público de Valdeorras mantense 1 ingreso en planta por coronavirus.

2 positivos nos centros educativos

Tamén se manteñen os casos activos de Covid nos centros educativos da comarca de Valdeorras: un total de 2, os mesmos de onte, segundo o listado da Xunta. No Barco só queda 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa e na Rúa o IES Cosme López segue con 1 positivo.

 

Artigos relacionados

Back to top button