A RúaCarballedaConcellosÚltima horaVilamartín

Baixan a 18 os casos activos de Covid en Valdeorras, 6 menos que onte

 

Marcado descenso na curva do coronavirus en Valdeorras. Neste xoves 10 de xuño a comarca rexistra 18 casos activos, 6 menos que onte, segundo os datos da Consellería de Sanidade.

No Barco contabilízanse 15 positivos, o que supón 4 menos que onte, cunha incidencia acumulada que para este concello é de >25 e ≤75 a sete días; e de >50 e ≤150 a catorce días. Ademais Carballeda de Valdeorras mantén 1 positivo, mentres que A Rúa baixa a 1 positivo (1 menos que onte) e Vilamartín de Valdeorras tamén se queda con 1 positivo (1 menos que onte). O resto dos concellos da comarca seguen libres de virus.

Por outra banba, no Hospital Público de Valdeorras mantense 1 ingreso en planta por coronavirus.

2 positivos nos centros educativos

Tamén baixan os datos nos centros educativos da comarca de Valdeorras, con 2 casos activos de Covid, 1 menos que onte, segundo o listado da Xunta. No Barco só queda 1 positivo no CEIP Condesa de Fenosa e na Rúa o IES Cosme López segue con 1 positivo, segundo o listado da Xunta. Así o CEIP Manuel Respino da Rúa, que ata onte rexistraba 1 positivo, queda libre de virus.

Artigos relacionados

Back to top button