Valdeorras continúa en descenso na curva do Covid-19. A comarca rexistra nesta xornada 20 positivos, o que supón 3 menos que onte, segundo os datos comunicados neste xoves 6 de maio polo Sergas.
No caso do Barco baixan a 10 os casos, 2 menos que onte. Tamén descenden en Carballeda de Valdeorras que agora ten 4, 1 menos. Ademais os municipios de Vilamartín, Petín e Rubiá seguen, cada un deles, con 2 positivos.