A RúaConcellosÚltima hora

Baixan a 25 os casos activos de Covid na Rúa

Vista parcial da Rúa dende o encoro de San Martiño. /Foto: Mónica G. Bellver.

 

Importante baixada no número de casos activos de coronavirus no concello da Rúa, sitúandose na xornada deste domingo 27 de decembro nos 25, segundo os datos facilitados dende o Sergas ao Concello. Son nove menos que o mércores, e o número máis baixo dende o repunte que sufría este municipio a comezos de mes chegando ata os 40 casos activos.

O número de novos casos diagnosticados por PDIA (Probas Diagnósticas de Infección Activa) nos últimos 14 días baixa ata os 24 neste municipio valdeorrés, aínda que mantén unha incidencia acumulada de >250 e o nivel medio-alto de restricións.

Artigos relacionados

Back to top button