SanidadeÚltima hora

Baixan a 5 os positivos de Covid en centros educativos de Valdeorras

 

Seguen descendendo os casos activos de Covid-19 nos centros educativos da comarca de Valdeorras. Así, segundo o listado emitido neste martes 22 de decembro pola Xunta hai un total de cinco positivos, tres menos que os rexistrados o pasado 19 de decembro, cando se emitía ao anterior listado.

Os centros rueses teñen 4 casos, dous menos que o sábado: 3 no IES Cosme López (2 menos que o sábado) e 1 positivo no CEIP Manuel Respino, que tamén ten unha aula pechada.

Así mesmo baixan os casos no Barco, no que tan só queda un caso no Colexio Divina Pastora, tras desaparecer do listado o IES Martaguisela, que ata agora tiña 1 e que nestes momentos queda libre de virus.

O total de positivos en colexios, escolas infantís e institutos da provincia é de 69 e hai 4 aulas pechadas.

Artigos relacionados

Back to top button