En portadaÚltima hora

Baixan a sete os pacientes ingresados con coronavirus no Hospital de Valdeorras

O total de casos rexistrados na provincia de Ourense ascende a 1.717, con 314 altas e 104 falecementos, segundo Sanidade

Publicidade
Hospital Público de Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Seguen reducíndose as cifras de pacientes con Covid-19 ingresados no Hospital de Valdeorras. Segundo a última actualización de datos da Consellería de Sanidade, son 7 os hospitalizados no centro barquense, dous menos que onte.

Por outra banda, o Hospital de Verín rexistra 6 ingresados en planta e o Hospital Universitario de Ourense 119 en planta e 15 ingresados en UCI. Ademais no CO.SA.GA hai 2 ingresos en planta e 1 en UCI.

Así, dos 1.299 casos activos hoxe na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras:
1.149 permanecen a seguemento a domicilio, 134 ingresados en planta, e 16 en UCI, éstes últimos con prognóstico grave, segundo Sanidade.

O total de casos rexistrados na provincia de Ourense ascende a 1.717, con 314 altas e 104 falecementos (residencias e hospitais).

Na provincia de Ourense realizáronse 13.124 PCRs.

Artigos relacionados

Back to top button