DeportesÚltima hora

Balance positivo para a Escola Deportiva de Trives na xornada de atletismo de promoción, no Barco

 

Entre os participantes na segunda xornada de promoción de atletismo en pista que se desenvolvía na tarde de onte, 4 de xuño, no Barco estaban os atletas da Escola Deportiva de Trives, que competían coa camiseta do Club Adas.

Dende a escola faise un balance positivo da súa actuación. “Estou moi orgulloso dos nenos e nenas das escolas que nunca me fallan, cada vez me sorprende máis”, sinala o seu adestrador, Tino Sierra.

As marcas dos atletas triveses na citada xornada son as seguintes.

Sub-10.
Deva Posada. 50ml.9.23 (1°posto). Pelota. 13.92 (1°puesto).
Valentina Vermeersch. 50 ml. 9.28 (2° posto). 500m. 1:56.38 (1°posto).
Aitana Pérez. 50ml.10.30 (7posto). Pelota. 9.32 (4° posto).

Antón Prieto. 50ml.8.44 (2° posto). 500m. 1:40.75 (2° posto).
Mateo Hervella. 50ml. 9.48 (5°posto).
Efrén Hervella. 50ml. 9.95 (6°posto)
Eduard Lascu. Pelota. 17.05 (2°posto).

Sub-12.
José Hervella. 60ml. 9.37 (2°posto). 500m. 1:29.41 (2°posto).
Tomás Rey. 500m. 1:56.90 (4°posto).

Fotos cedidas pola Escola Deportiva de Trives.

Artigos relacionados

Back to top button