PolíticaÚltima hora

Baltar cualifica como “gran representación ourensá” á vintena de membros do PP provincial que integra a candidatura de Rueda

Facíao na primeira xornada do 18º Congreso Extraordinario do PPdeG, que se celebra dende hoxe en Pontevedra

Publicidade

 

O presidente provincial do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, expresaba hoxe a súa satisfacción pola que cualificou como “gran representación ourensá”, en referencia a vintena de membros do PP de Ourense que forman parte da candidatura presentada esta tarde polo aspirante á presidencia do PPdeG, Alfonso Rueda.

Ao remate da primeira xornada do 18º Congreso Extraordinario dos populares galegos, que se celebra no recinto feiral de Pontevedra, Manuel Baltar sinalou que “estamos ante unha convocatoria para elixir ao presidente do PPdeG, que xa foi tamén secretario xeral dos populares galegos e que ademais sabe o que significa ser presidente provincial, coñecemento que lle axudará a encarar esta nova etapa”.

Mañá domingo os compromisarios ourensáns e do resto de Galicia votarán ao candidato “e teremos resolta unha transición política modélica, que é o que nos pedía Galicia”.

Xa desde este momento, engadiu, os populares teñen a “Alberto Núñez Feijóo en Madrid para ser presidente de España, e desde mañá teremos a Rueda presidindo o partido que máis se parece a Galicia, co apoio de Ourense para conseguir esa quinta maioría absoluta nas próximas eleccións autonómicas”.

Artigos relacionados

Back to top button