CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A Banda de Gaitas de Esgos, na final da XXVI Liga de Gaitas

A Liga Galega de Bandas de Gaitas, que se celebrou por vez primeira no ano 1990, chegaba este ano a súa XXVI edición. Nove bandas participaron na fase final, que se celebrou na tarde do 29 de xullo na Cidade da Cultura. Entre elas estaba a ourensá de Esgos, que se facía co terceiro posto no primeiro grao.

Este acto contaba coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez González, quen recoñeceu o traballo das bandas de gaitas a prol da música popular galega, lembrando que exercen en moitos certames internacionais como embaixadores de Galicia noutros países e culturas.

Nove bandas participaron nesta fase final, en concreto a da Escola de Gaitas Provincial de Pontevedra con sede na cidade do Lérez, Agarimo de Catabois e Agarimo de Catabois (B), Xuntanza de Cataluña e Xuntanza de Cataluña (B), San Xoán de Paramos, Mato Vizoso de Vilalba, Esgos e Tremiñado.

Artigos relacionados

Back to top button