Numerosas parellas participaban na noite do 26 de agosto no XVIII do Baile á Luz da Lúa na Praza do Toural de Sober. Había adultos, pero tamén nenos e nenas. A celebración contaba coa actuación da Banda de Música de Sober.
Os máis pequenos levaron un agasallo por ter participado, mentres que os maiores foron obsequiados con tres premios. O primeiro deles, unha xornada enoturística polo Canón do Sil para dúas persoas coa colaboración de SilTrip, Adega Malcavada e a Casa Grande de Rosende.
O segundo premio consistiu nunha cea para dúas persoas no Merenzao Restaurante-Vinoteca e o terceiro nunha cea para dúas persoas no Restaurante A Cantina. As tres parellas gañadoras recibiron ademais unha peza de olería de Gundivós.
Dende o Concello de Sober agradécese “a participación no concurso, así como a asistencia ao baile”.
Fotos: Concello de Sober.