En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A banda de música Fonte Grande pon o broche á Feira de 1812

O grupo petinés conquistou ao público, primeiro na praza e despois no recinto feiral

Despois dunha fin de semana marcada polo frío (excesivo para estas datas), a VI edición da Feira de 1812 pechaba as portas na tarde-noite do domingo 4 de xuño. E facíao co éxito da  nova agrupación musical nacida ao abeiro da Asociación Cultural que organiza os festexos conmemorativos da Constitución de Cádiz.

Primeiro na praza de Petín, onde actuaban ao mediodía e xa pola tarde no propio recinto feira, a banda de música Fonte Grande fixo bailar e aplaudir aos asistentes. Mentres, no entramado de rúas do casco vello petinés, os postos de artesanía e gastronomía apuraban os minutos e a parella de bois e os burros percorrían maxestuosos o recinto, antes do sorteo dos 500 euros.

Esta edición da Feria de 1812 tamén contou asemade coa presenza dun grupo de franceses, dun tren para levar aos pequenos polo pobo, do pregón a cargo de “Juanón” e da actuación de charangas e grupos de gaitas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button