DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Barbadás acolle esta fin de semana a III edición do Rallyemix

A proba de motor comezaá o sábado 12 de novembro ás 8:30 horas coas verificacións técnicas

No salón de plenos do Concello de Barbadás foi presentada a III edición do Rallymix de Barbadás que se celebrará os vindeiros días 12 e 13 de novembro. O acto abriuno Juan Carlos Villanueva “Marabu”, presidente da escudería Barbadás quen agradeceu tanto á Deputacion de Ourense como ao Concello de Barbadás a axuda prestada tanto económica como en medios, así como á escudería Ourense que colabora con medios técnicos organizativos e aos diversos patrocinadores para que esta nova edición sexa un éxito.

Xosé Carlos Valcárcel Doval, alcalde de Barbadás, amosou o seu total apoio á proba que xa se marca como unha fixa por parte de moitos pilotos e que atrae a moitos afeccionados de toda Galicia, o que axuda ao dinamismo do concello.

José Manuel Rodríguez, xerente do Inorde representou á Deputación de Ourense, facendo fincapé en que Ourense conta cunha grande tradición nos deportes de motor e as diversas probas que se organizan así o atesouran, cun grande nivel organizativo e de participantes.

 

Plano do treito cronometrado.
Plano do treito cronometrado.

Todos os presentes fixeron fincapé na seguridade, “queremos unha grande fin de semana, que os pilotos poidan dar espectáculo, e para iso tomáronse as medidas de seguridade correspondentes, agora pedimos que os afeccionados fagan caso ás indicacións da organización e das forzas de seguridade, e que como sempre busquen sitios altos e protexidos onde situarse para desfrutar da carreira de forma segura”, dixeron.

A proba comenzará o sábado día 12 coas verificacións técnicas e administrativas ás 8:30 horas. A primeira manga dará comezo ás 12 horas; a segunda ás 14 horas; e a terceira ás 16 horas. O domingo día 13, a primeira manga será ás 10 horas e a segunda e última ás 12. A entrega de premios está prevista para as 14 horas.

Texto e fotos: Belay.

Artigos relacionados

Back to top button