OurenseÚltima hora

Barbadás activa a súa brigada municipal contra incendios forestais con 7 efectivos

Brigada contra incendios forestais do Concello de Barbadás.

 

A brigada municipal de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Barbadás está operativa desde o 31 de xullo. Está integrada por 5 persoas, todas bombeiros forestais (capataz, condutor e tres peóns) e compleméntase cun camión autobomba, que conta cunha dotación de dous bombeiros forestais máis, neste caso condutores.

Tal como indican dende o Concello, para esta fin de semana, xa ten programado un plan de actuacións preventivas de roce manual sobre 7 hectáreas de camiños e parcelas forestais. Esta actuación foi consensuada co Distrito XII do servizo de incendios da Xunta de Galicia.

En paralelo, tanto a brigada como o camión poden ser mobilizados en calquera momento pola central de incendios forestais no ámbito territorial do distrito XII. Dentro do ámbito municipal, ambas dotacións dependen Concellería de Emerxencias, Intervencións Públicas, Disciplina Medioambiental e Gardería forestal e en coordinación coa Tenencia de Alcaldía. A súa principal será a de levar a cabo actuacións en materia de prevención de incendios.

Todas as actuacións que levará a cabo están enmarcadas dentro dun convenio asinado entre o Concello de Barbadás e a Xunta de Galicia e financiado en parte con fondos FEADER. Este acordo tamén inclúe o roce preventivo de 20 hectáreas de xeito mecanizado co tractor municipal.

Artigos relacionados

Back to top button