OurenseÚltima hora

“Barbadás anda pola esclerose” o 28 de outubro

A AAVV A Nosa Aldea de Barbadás organiza a I andaina solidaria a favor de AODEM

O antigo centro médico de Barbadás (Ourense) será o punto de partida da I andaina solidaria “Barbadás anda pola esclerose”, unha proba deportiva que se celebrará o vindeiro 28 de outubro a partires das 9 horas, a favor de AODEM (Asociación Ourensá de Esclerose Múltiple, Ela, Parkinson e outras enfermidades).

Organizada pola Asociación de Veciños A Nosa Aldea de Barbadás, a andaina contará con dúas rutas, unha de 8,5 quilómetros e outra de 16, e o prezo será de 7 euros para os adultos dos cales 2 serán donados á asociación. Os nenos pagarán 2 euros que serán donados integramente. A inscrición inclúe bufete ao terminar a proba e chocolate con bica.

O prazo para inscribirse remata o 23 de outubro e debe facerse a través do correo electrónico anosaldeadebarbadas@gmail.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button