EconomíaEconomíaÚltima hora

O Barco CCA sorteará 6 invitacións para facer rafting no Sil na campaña do “Día do Pai”

Os galardonados poderán realizar a actividade, acompañados dun neno/a, o vindeiro 7 de abril

“Gaña unha experiencia de aventura. Móllate de Sil” é o lema da nova campaña que vén de lanzar O Barco Centro Comercial Aberto (CCA) con motivo do “Día do Pai”, que se celebrará o vindeiro 19 de marzo. Entre os establecementos asociados repartiranse 5.000 tarxetas que recibirán os seus clientes coas compras. Con cada unha delas poderán participar no sorteo de seis invitacións (para pais cun neno/a) para facer rafting no río Sil (no tramo Sobradelo-O Barco).

As tarxetas cubertas deberán entregarse na oficina da asociación como data límite o xoves día 22 de marzo. Esta actividade de turismo activo realizarase en colaboración coa empresa ViaNova Aventura o día 7 de abril e inclúe material persoal para a actividade (casco, neopreno, escarpíns, chaleco) e material común (balsa de rafting, remos, etc).

Máis información:
http://obarcoccaberto.com

Artigos relacionados

Back to top button