En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Barco e Arenteiro rematan a 1ª volta cun empate en Calabagueiros

Co 2-2 no marcador concluía o derbi provincial en terceira división disputado na tarde do 13 de xaneiro

Como e todos os derbis (neste caso provincial) o partido previsto para o 13 de xaneiro en Calabagueiros, despois do parón navideño, creaba moita expectación, e non defraudou. Co empate a 2 goles remataba o C.D. Barco-C.D. Arenteiro co que os equipos ourensáns rematan a primeira volta da liga en terceira división.

O equipo local, ás ordes de Manolo Pérez chegaba ao encontro dende a terceira posición da táboa e o temperán gol de Tabala no minuto 6 poñía en pé á bancada facendo presaxiar un resultado moi positivo para os vermellos. Mais os do Carballiño, ás ordes de Gelucho, non estaban dispostos a facilitarlle a cousas e Hugo Sanmartín marcaba no minuto 29 chegando ao descanso co empate a uns no marcador.

Tralo paso polo vestiario, xa escurecendo, Hugo marcaba de novo adiantando ao Arenteiro, aínda que xa no minuto 83, David Álvarez anotaba para o Barco sentenciando o empate e o reparto de puntos.

O C.D. Barco comezará a segunda volta o vindeiro domingo, de novo en Calabagueiros ante o Laracha. O C.D. Arenteiro pola súan banda farao a domicilio, contra o Boiro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button