ConcellosEn portadaÚltima hora

O barquense Jesús Rodríguez acada a súa 16ª vitoria nun Descenso do Sil récord en participación e público

Milleiros de persoas se daban cita no entorno da praia fluvial do Malecón do Barco para ver a chegada dunha das edicións máis multitudinarias do Descenso do Sil. Dende Sobradelo tomaban a saída uns 400 padexeiros de 37 clubs en doce categorías diferentes. Entre eles estaba Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco) que sumaba unha vitoria máis no Sil e van xa 16, desta volta en K-1 senior.

Ademais de Rodríguez León, tamén participaban outros 14 piragüistas barquenses que tamén conseguían podios en categorías como K-2 veteranos ou K-2 senior.

Eran moitísimas as persoas que se daban cita ao longo do río para seguir a evolución deste descenso que cumpre xa 51ª edicións e que vén de pechar a tempada galega de piragüismo.

Fotos: Ángeles Rodríguez.

Ampla galería de fotos:
https://osil.info/especiales/o-publico-o-protagonista-do-descenso-do-sil/#!
https://osil.info/especiales/catro-podios-para-o-fluvial-barco-nun-multitudinario-51o-descenso-do-sil/

Artigos relacionados

Back to top button