DeportesGalerías de fotosÚltima hora

A base do C.D. Barco comeza a liga con dúas grandes vitorias en Viloira

Os xuvenís estreáronse na liga galega co 3-1 ante o Arousa e os cadetes venceron 8-0 ante o C.F. Monforte

Pelexaron como leóns e lograron o seu obxectivo. Cunha gran vitoria comezaban os xuvenís do C.D. Barco a aventura na liga galega á que ascenderon na pasada campaña.

Malia o ataque e o bo xogo dos do Barco no Campiño de Viloira, eran os xogadores do Arousa os que se adiantaban no marcador do primeiro partido de liga disputado na tarde do 9 de setembro. Os locais non tardaron en reaccionar e no minuto 34 da primeira parte Adrián marcaba o gol do empate co que chegaban ao tempo de descanso. Xa na segunda parte a vantaxe do Barco seguía aumentando co 2-1 no minuto 54 e o 3-1 final xa no 84 de partido.

Só unhas horas antes da vitoria dos xuvenís, os cadetes barquenses goleaban aos do CF Monforte. Nin máis nin menos que 8 goles lle metían os rapaces de Gunty aos lucenses no partido disputado o sábado pola mañá, o primeiro da liga na primeira división autonómica.

Así, con sendas e contundentes vitorias, se estreaba a base do Centro de Deportes Barco. A seguinte cita para os xuvenís será a vindeira fin de semana no campo do Barbadás. Os cadetes, pola súa banda, en principio descansarán xa que o Xinzo “B” (equipo co que lle tocaba xogar) retirouse da competicón.

As dezaoito primeiras imaxes da galería corresponden ao partido dos xuvenís. O resto son dos cadetes.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button