No local de ensaios, rodeada das nenas coas que tantas horas pasa e de amigos, a bailarina Nuria Reguera celebraba o aniversario da Academia de Danza Bayadère que abría as portas no Barco de Valdeorras hai dez anos.

Na tarde deste vernes 6 de setembro, o local de ensaios convertíase nunha auténtica festa, con música, bailes, unha petiscada e por suposto tarta. Tamén houbo photocall recibindo con sorpresa unha visita inesperada, a da directora de Vigo Porté, o certame internacional de disciplinas de baile ao que Bayadère leva anos asistindo, logrando xa varios premios.

Lorena López achegábase ata O Barco para entregarlle a Nuria en persoa o seu agasallo, asegurando que para ela “teñen moito mérito porque participan no certame vivindo a experiencia sen importarlles os premios. É algo que valoro moito”.
Este ano a academia de danza forma tamén parte do programa das Festas do Cristo cunha exhibición dos grupos de baile gañadores dalgúns dos premios na praza do Concello, prevista para o venres 13 de setembro ás 20:15 horas.
Fotos: Mónica G. Bellver.



