ConcellosO BarcoÚltima hora

Belém Tajes abre o Terrasón 2023 na praza Maior do Barco

 

Acompañada pola guitarra eléctrica de Nico Vieites e o violín de Cibrán Seixo, na noite do venres 4 de agosto Belém Tajes abría a edición 2023 do Terrasón, iniciativa musical promovida polo Concello do Barco de Valdeorras como unha forma de recuperar a actividade cultural durante a pandemia e que xa forma parte do calendario estival da capital valdeorresa.

O primeiro concerto desta edición, a cargo da cantante, compositora e especialista en Musicoterapia orixinaria de Bos Aires, tiña lugar na praza Maior onde o público desfrutou dunha actuación en formato íntimo con cancións inspiradas no folclore tradicional das dúas beiras do Atlántico.

Belém Tajes é unha das novas voces da canción de autora de Galicia que vén de lanza Pájaro negro, o sinxelo de presentación desta nova etapa comosolista, como adianto do seu próximo disco Costa da Morte. Melodías de corte pop, con aires folk e atmósferas cálidas con algún xiro electrónico.

Fotos: Ton y Sol.

Artigos relacionados

Back to top button