En portadaÚltima hora

Belén vivinte polas rúas do Cabo da Vila de Viana, o 2 de xaneiro

Nesta escenificación participarán diversas asociacións do municipio

Escena do portal de Belén, na escenificación do pasado Nadal./ Foto cedida.

 

Na tarde do vindeiro 2 de xaneiro o Cabo da Vila, a zona máis antiga de Viana do Bolo, convertirase nun “Barrio de belén”. Neste xigantesco nacemento vivinte recreanse escenas tradicionais como a do portal, a chegada dos Reis Magos e dos pastores, así como unha carpinteiría, unha pousada, un mercado ou mesmo a Herodes e aos romanos.

Esta fermosa escenificación do tradicional Belén de Nadal será posible grazas a participación das asocacións de Viana.

 

 

Inicialmente a recreación do “Barrio de Belén”, unha das actividades do programa de Nadal do Concello de Viana, estaba prevista para o día 26 de decembro, pero acordouse aprazalo por mor do mal tempo. Será así finalmente o 2 de xaneiro, a partir das 16h. cando se poderá desfrutar deste nacemento vivinte ao aire libre no Cabo da Vila.

Artigos relacionados

Back to top button