OurenseÚltima hora

Bertín Osborne recala en Ourense coa presentación do seu último disco “Yo debí enamorarme de tu madre”

O cantante andaluz actuará o sábado 11 de xaneiro ás 20h. no Auditorio Municipal

O cantante andaluz Bertín Osborne actuará o sábado no Auditorio.

 

Os humoristas Dani Mateo, Manuel Manquiña e David Perdomo e o cantante Bertín Osborne subirán esta semana ao escenario do Auditorio Municipal de Ourense.

A primeira das propostas é Noites de Retranca, espectáculo de humor que no seu especial décimo aniversario chegará a Ourense o venres, 10 de xaneiro, ás 22:30 horas. En palabras da compañía, “cumprir dez anos levando humor e risas por Galicia adiante merecen festexalo. Por primeira vez nestes dez anos, abrimos o noso espectáculo a artistas de “fóra” e, para facelo contaremos cun artista retranqueiro coma nós… Dani Mateo!!!” Un show con música en directo, a dos Fabulosos Weekend, e as actuacions de Manquiña, David Perdomo e Dani Mateo.

 

O espectáculo Noites de Retranca será o venres, 10 de xaneiro.

 

O sábado, 11, ás 20 horas, será a quenda de Bertín Osborne, que chega a Ourense na xira de presentación do seu último traballo discrográfico Yo debí enamorarme de tu madre, un espectáculo de cen minutos e duración, no aque estará acompañado dos seus músicos e os seus mariachis. Un show moi coidado e divertido onde o cantante andaluz repasará todos os seus éxitos musicais e as anécdotas máis graciosas da súa carreira.

As entradas, desde 16 euros para Noites de Retranca, e desde 45 euros para Bertín Osborne, pódense adquirir en http://www.ataquilla, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Artigos relacionados

Back to top button