CulturaCulturaÚltima hora

A Biblioteca de Verín celebra o Samaín

Un outono máis a chegada do Samaín celébrase dun xeito especial na Biblioteca Municipal de Verín. Así na tarde do 26 de outubro organizaba unha festa cultural adicada a esta tradición que tiña como protagonistas aos seus socios máis pequenos que, nalgúns casos, acudían caracterizados para a ocasión.

Ademais de manualidades, cunha temática de Samaín nas que se daba renda solta á imaxinación, tamén había moitos contos, desta volta de medo. A actividade foi coordinada e dirixida polo persoal da Biblioteca e polos nenos/as Voluntarios/as.

Fotos: Biblioteca de Verín.

Artigos relacionados

Back to top button