ConcellosÚltima hora

A Biblioteca de Verín traballa na catalogación de antigos xornais da zona

Este labor é posible grazas á doazón dunha serie de reproduccións realizada por Santiago Cid Harguindey

 

Reproducción dun dos xornais de Verín.

Hai un século na comarca de Verín existían numerosos xornais. Unha serie de reproduccións dalgúns deles vén de ser doada por parte de Santiago Cid Harguindey á Biblioteca Municipal de Verín, onde agora se está a levar a cabo un proceso de rexistro e clasificación de cada un dos exemplares.

Trátase de reproduccións de antigos publicacións da zona como Támega, Heraldo de Verín, Eco de Monterrey, La Opinión, El Cencerro, etc…, que recollen a vida no Val do Támega, nos comezos do século XX, e aportan unha gran información sobre a época en artigos e anuncios.

 

Entrada á Biblioteca Municipal de Verín./ Foto: Carlos G. Hervella.

O obxectivo do traballo que se está a desenvolver dende a Biblioteca de Verín é lograr ter todos e cada un dos exemplares dixitalizados ao acceso público, aínda que polo momento non será posible”. Dende o Concello de Verín tamén se resalta que “a importancia desta doazón é moi grande, dado que moitos son os investigadores que buscan nas hemerotecas antigas de Verín datos que corroboren ou referencias as súas líneas de traballo”.

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button