DeportesEn portadaÚltima hora

“Bicicletada” do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco)

 

Pouco despois das nove e media da mañá deste 26 de maio boa parte da comunidade educativa do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) reuníase no exterior do centro montada en bicicleta. Minutos despois, e precedidos pola Policía Local iniciaban unha marcha cicloturista rumbo ao polígono da Raña, na que estaban acompañados tamén polo GES Valdeorras e pola Cruz Vermella Valdeorras.

A actividade estaba aberta aos escolares do centro, xunto con profesores, e os máis pequenos ían acompañados dos seus pais. Tras saír do colexio, cruzaban a ponte de San Fernando e dirixíanse, polo casco antigo ata o Malecón. Dende alí xa enfiaban ata o polígono, onde tiñan previsto dar a volta para regrasar, pola outra beira do río, pola estrada ata o CEIP.

 

 

O centro tan xa organizado anteriormente esta iniciativa, que se celebraba por vez primeira no 2017 dentro do Plan Proxecta Mobilidade Sostible e Segura. “Esta é unha ruta cicloturista para promover a práctica da actividade física cun deporte que os nenos despois poden trasladar ao seu tempo libre en familia”, destacan dende o centro escolar.

Ademais, dende o CEIP Otero Pedrayo amosábase o seu agradecemento á Policía Local, GES Valdeorras e Cruz Vermella pola súa colaboración.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button