CulturaCulturaÚltima hora

O Bispado de Ourense arranca o ciclo “Cine e Vida” o 29 de novembro na capital

Francisco Prieto, Rosendo Fernández e Luís Rodríguez.

O vindeiro mércores, 29 de novembro, dará comezo o novo ciclo de “Cine Vida”, unha iniciativa organizada polo Bispado de Ourense e que acada a súa sétima edición. O acto de presentación tivo lugar hoxe, 27 de novembro, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o coordinador do ciclo, Francisco Prieto, e o sacerdote de Mariñamansa, Luís Rodríguez.

Baixo o lema “Rostros Sanitarios”, o ciclo comezará coa proxección de “Luz de Soledad”; seguidamente, o 20 de decembro, será a quenda para o filme “El Profesor de Violín”; o 24 de xaneiro proxectarase “Si Dios quiere”; o 21 de febreiro “La buena mentira”; e o día 21 de marzo pechará o ciclo “Lo que la verdad importa”.

Todas as películas proxectaranse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación, en Ourense, ás 20:00 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button