CulturaCulturaÚltima hora

Susana Ferradás, Chere e Vanessa Rodríguez, autores da exposición da 33ª Semana do Cine do Barco

 

Na tarde deste venres 23 de agosto inaugurábase a 33 Semana de Cine do Barco, un ciclo organizado polo Cine Club Groucho Marx en colaboración co Concello que se estenderá ata o 31 de agosto pechando a programación cultural do mes.

E coma sempre era a apertura dunha exposicón na entrada do Teatro Lauro Olmo, o limiar da completa programación. Nesta ocasión trátase dunha interesante mostra de Susana Ferradás, Gerardo Rodríguez “Chere” e Vanessa Rodríguez que leva por título “Pel salgada” como “unha homenaxe á xente do mar no  interior, en  palabras de Chere.

Ademais de participar na exposición, a creadora Vanessa Rodríguez impartirá un taller de Sumi-e xaponés o sábado 31 de agosto ás 11 horas para un máximo de 20 persoas.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button