
Black Label, é outra das iniciativas de Roberto Verino dentro da súa estratexia de sustentabilidade. Enmarcada no que a compañía definiu como un “novo modelo máis consciente de moda”, Black Label permitirá que o cliente goce con pezas que por custo pódense “afastar dun orzamento de compra, pero que si, gozas temporalmente por menos valor para momentos únicos”, indicou Roberto Verino.
A marca ourensá, lidera a filosofía do “Armario Emocional” desde hai anos; no que “busca que as pezas perduren e que crezan con cada persoa e que son o piar dun verdedadero armario slow fashion“.

Roberto Verino lidera unha formulación circular inmerso en cambios “necesarios na mente dos nosos clientes aos que temos que dar alternativas para adquirir hábitos conscientes que repercutan directamente na pegada que deixamos na nosa contorna”, indicou Verino.
Imaxes cedidas.



