CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Blues no Sil 2014, o 4 e 5 de xullo no Barco

José Luis Pardo & The Mojo Workers última incorporación ao cartel da IV edición do festival barquense
Un dos concertos da pasada edición de Blues no Sil.
Un dos concertos da pasada edición de Blues no Sil.

Este venres 23 de maio, La Pecera de Vigo acollerá a actuación de Booty Sweat como presentación da IV edición do festival Blues no Sil organizado pola asociación homónima, que terá lugar o 4 e 5 de xullo no Barco de Valdeorras, con música a pé de rúa, obradoiros musicais, cine, jam session, e por suposto concertos.

Segundo foi desvelando a organización través da páxina de Facebook, este ano o festival contará co arxentino José Luis Pardo como cabeza de cartel, acompañado por The Mojo Workers, nunha actuación que foi a última en incorporarse ao programa e que se presenta como a gran baza desta edición.

Pardo compartirá cartel con outras reputadas bandas do panorama estatal de blues como The Lákazans (Santiago de Compostela), King Bee (norteamericanos residentes en Madrid) ou The Reverendos. Completan o programa de concertos Blues & Decker (Asturias), que presentará o seu último trabajo, “Unplug de Drill” e Blue Dog, gañador do concurso de bandas de blues noveis organizado pola Sociedad de Blues de Madrid, coa que Blues no Sil mantén a colaboración iniciada o ano pasado.

Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición de xuño en papel do Periódico O Sil)

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button