Galerías de fotosPolíticaÚltima hora

O BNG pon en valor a figura de Blanco Amor a través da súa obra “A Esmorga”

O acto desenvolveuse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación e contou coa presenza de Ana Pontón e o escritor Millán Picouto

O Bloque Nacionalista Galego celebrou hoxe, 24 de novembro, o segundo acto sobre a figura de Blanco Amor, o primeiro levouse a cabo hai meses no que fixeron un percorrido literario e histórico polas rúas ourensás presentes na obra do autor. A portavoz nacional, Ana Pontón, así como a deputada nacionalista pola provincia, Noa Presas, estiveron nesta cita no Centro Cultural Marcos Valcárcel, no que se reuniron máis dunha vintena de persoas.

Estaba previsto que, previo a esta xuntanza, fixeran unha ofrenda floral á estatua situada na Praza do Bispo Cesáreo, en Ourense, pero a climatoloxía non o puido permitir. Así é todo, os nacionalistas amosáronse contentos por que chovese en Galicia.

O acto arrancou coa música das pandeireiras do grupo Xúa. Posteriormente, tomou a palabra o escritor Millán Picouto, que fixo un repaso por toda a vida e obra do escritor ourensán, dende o seu período como poeta, pasando pola dramaturxia e a novela. Millán Picouto parouse na novela referencia de Blanco Amor, “A Esmorga”, na que fixo unha profunda análise da linguaxe para expresar os cambios que está a sufrir a sociedade galega actual.

Xa na quenda de Pontón, a portavoz nacional asegurou que se Blanco Amor nacese fóra de Galicia “A Esmorga sería unha novela referente da literatura universal e sería moito máis coñecida”. Tras diso, Ana Pontón enlazou co discurso político no que dixo que o futuro da terra está nun sistema de concerto económico galego “similar ao que teñen os vascos e os navarros”

Fotos: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button