En portadaÚltima hora

Bo exemplar de troita pescado en Prada (A Veiga)

 

Cachito coa troita pescada onte en Prada.

 

Continúa a campaña de pesca en Valdeorras e aínda que as temperaturas son baixas a primeira hora da mañá, as troitas van picando.

O día en que se abría a tempada fluvial, Antonio Domínguez “Cachito” (da Rúa) e outros dous pescadores, capturaban varios exemplares de troita no Encoro do Bao, en Viana do Bolo. Unha semana despois, na mañá deste domingo 28 de marzo, Cachito cambiaba de destino e ía de pesca ao encoro de Prada (A Veiga). Alí pescaba un fermoso exemplar de troita de 1,645 kg. “É iso que había unha boa xeada. Conxelábanse ata as anillas”, asegura este gran afeccionado á pesca, acompañado nesta ocasión por José “Peón”.

 

Artigos relacionados

Back to top button