DeportesPescaÚltima hora

Bo papel da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras no selectivo de auga doce, en Castrelo de Miño

José Manuel Pinto era o 1º clasificado e Jesús Delgado 4º

 

Moi bo papel facían os membros da Sociedade de Pesca Fluvial Valdeorras (SPFV) o selectivo de auga doce celebrado esta fin de semana (27 e 28 de agosto) no río Barbantes, en Castrelo de Miño.

Cun total de 2.975 puntos José Manuel Pinto Ribeiro era o primeiro clasificado e Jesús Delgado López (con 1.935 puntos) o cuarto, tendo así dous participantes e un reserva para o nacional de auga doce de 2023: Raúl Álvarez, José Manuel Pinto e Jesús Delgado.

Uns postos máis abaixo da cabeza quedaban os outros tres membros da SPFV: Alfredo José Martínez Perales era 8º; Rubén Silva Álvarez era 10º; e Juan José Lopera Rodríguez era 14º.

 

José Manuel Pinto recibindo o trofeo da Federación Galega de Pesca.

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button