DeportesÚltima hora

Boa carreira do rider valdeorrés Juan Fernández no Descenso Urbano Vila de Sarria

Juan Fernández no DHU Vila de Sarria.

 

Na fin de semana do 29 e 30 de xullo a vila de Sarria (Lugo) convertíase no escenario do Descenso Urbano (DHU) que reunía a numerosos riders en torno a un esixente e vistoso circuíto dende o Campo da Feira ata O Malecón, sumando á competición, un potente programa musical.

Organizado polo club ciclista DH Galicia a nivel deportivo a xornada do sábado estaba adicada aos máis pequenos coa Mini DHU, ademais de exhibicións e actuacións musicais. E xa o domingo tocáballe o turno aos maiores entre os que estaba o rider barquense Juan Fernández, membro do club organizador, quen unha semana despois de ser oitavo na Copa de España de Descenso disputada no Bike Park Manzaneda, repetía posto na categoría júnior, a nove segundos do gañador absoluto.

 

Artigos relacionados

Back to top button