
Moi contentos están no CNSO cos resultados conseguido polas súas nadadoras no Campeonato de España de Inverno Alevín e Infantil de Natación Artística, celebrado na fin de semana do 29 e 30 de marzo en Pontevedra con preto de 800 nadadores, procedentes de 12 comunidades autónomas representando a un total de 40 clubs.
Martina Álvarez Queija era 7ª de España na categoría infantil (grupo 2) e 12ª na xeral; e o dúo mixto lograba tamén a 7ª posición.

Ademais, o Combo Infantil situábase no posto 14º (o 17º na clasificación xeral por clubs), o que lles outorga “unha praza no campionato de España de verán de 1ª División que se vai celebrar en Valladolid do 27 ao 29 de xuño”, indican orgullosos dende o Sincro Ourense.

Fotos cedidas.



