OurenseÚltima hora

O Botánico de Montealegre acollerá actividades para todos os públicos

Lorensa Salgado, Jesús Vázquez e José Araújo. // Foto: Carlos Asensio.

O Botánico de Montealegre ofertará, para o primeiro trimestre do 2018, actividades para todos os públicos. Haberá obradoiros de máscaras para o Entroido, adopción de árbores, aforro enerxético, agricultura e ecoloxía e uso racional da auga. “Actividades pensadas para todos os públicos e cos que pretendemos complementar a educación en valores, a divulgación e o respecto cara á nosa contorna”, dixo o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación de hoxe, 31 de xaneiro, no Salón de Plenos do Concello.

Todas as actividades son gratuítas e arrancarán a partires do 11 de febreiro. A representante da empresa Xesmega, Lorena Salgado, lembrou que fai falla inscribirse na web www.botanicodemontealegre.com para poder realizar as actividades que son de prazas limitadas.

Artigos relacionados

Back to top button