PolíticaÚltima hora

Brais González, novo coordinador provincial de Xuventudes Socialistas en Ourense

Brais González novo coordinador provincial de Xuventudes Socialistas en Ourense./ Cedida.

 

As Xuventudes Socialistas de Galicia realizaron a pasada semana o seu III Congreso Provincial Ordinario onde o ourensá, Brais González Fernández, vén de ser proclamado coordinador provincial baixo a reivindicación de “ser a vangarda xeracional que non se quere resignar máis ante as crises, o neoliberalismo, a emerxencia climática e, como non, a despoboación: loitaremos por avanzar en dereitos e liberdades”

Xurxo Doval, secretario xeral nacional, advertía que “o gran reto das Xuventudes Socialistas é o de reactivar a provincia dende todos os seus recunchos, animando á mocidade a pelexar por proxectos vitais na nosa terra, o que implica oportunidades e equidade fronte a meritocracia caciquil de Baltar e Jácome”

Artigos relacionados

Back to top button