Catro días despois da catástrofe material, ambiental e sobre todo persoal ocasionada pola DANA, especialmente cruel coa Comunidade Valenciana, toda axuda é pouca para intentar limpar as zonas devastadas e acceder a moitas delas.
As mostras de solidariedade son grandes e cada quen aporta o seu gran de area na medida das súas posibilidades. Dende Valdeorras, na xornad deste domingo 3 de novembro o compañeiro da Agrupación de Voluntarios de Protección Cicil da Rúa Brais López, partía rumbo a Valencia con membros da Brigada de Reforzo en Incendios Forestais (BRIF) de Laza para axudar na limpeza.