CD RúaDeportesFútbolÚltima horaVídeos

Brais Meco incorpórase ao CD Rúa

O xogador valdeorrés estreábase no partido disputado en casa ante o Cented Academy que vencía pola mínima (0-1)

 

Con tres novidades se presentaba o partido de Primeira Galicia entre o CD Rúa e o Cented Academy disputado na tarde deste domingo 15 de outubro no campo de fútbol Vicente Solarata Maceda.

A primeira, o apoio que tamén o equipo sénior amosa á carreira valdeorresa contra o cancro de páncreas, saíndo ao terreo de xogo coas camisetas moradas. A segunda, o minuto de silencio en sinal de respecto polo falecemento da avoa dun xogador do Rúa. E a terceira, a estrea no campo de Brais Meco, o xogador valdeorrés que despois do seu paso polo Club Lemos vén de incorporarse ao CD Rúa para botar unha man ao equipo sénior, aínda que no partido de hoxe sufría unha lesión da que de momento descoñece o alcance.

 

 

Así arrancaba o partido correspondente á xornada 6, un dos mellores ata o momento por parte do Rúa que malia o bo xogo, a intensidade e as ocasións, acababa perdendo pola mínima (0-1) grazas ao gol que os visitantes marcaban no minuto 54, xa na segunda parte.

 

Brais Meco.

 

A seguinte cita para os de Javi Ferrer será a vindera fin de semana no campo de O Marco contra A Peroxa CF.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button