DeportesÚltima hora

Brandán Márquez proclámase campión galego de XC maratón

O corredor do Tres Lunas D.O. Valdeorras Mérida Bikes subía ao alto do podio na categoría elite
Brandán Márquez no alto do podio.

O gran obxectivo do ano para o Tres Lunas D.O. Valdeorras Mérida Bikes é o campionato de Europa XCUM que se disputará a finais de xuño en Vielha, o que non impide que os seus corredores vaian sumando xa títulos. E iso é precisamente o que facía o seu xefe de filas, Brandán Márquez Fernández que se proclamaba campión galego elite de XC maratón na proba disputada esta fin de semana en Lalín.

Tal como explican dende o club ciclista valdeorrés, os últimos resultados e o gran nivel de forma dos locais Javier Busto e Esteban Sánchez, coñecedores e deseñadores do percorrido facían presaxiar outro resultado pero o santiagués afincado en Vigo “exhibiuse polo espectacular e duro trazado lalinense” conseguindo así un novo título oficial para a escuadra valdeorresa.

Na mesma proba, Susana Alonso proclamábase subcampiona na categoría elite feminino. Ademais, Daniel Caneiro Vázquez facía podio na modalidade XCO e na proba disputada en Oroso, puntuable para a Copa Galicia, completando unha espectacular fin de semana para o equipo valdeorrés.

Artigos relacionados

Back to top button