DeportesKárateÚltima hora

Brian Rodríguez (KC River Stone O Barco) representa a Valdeorras na ‘Youth League’ que se celebra na Coruña

 

Brian Rodríguez no campionato galego celebrado este mes no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Os karatekas non descansan. Na xornada do xoves 27 de abril daba comezo na Coruña a Youth League, unha competición de calibre internacional que nunca antes se celebrara en España e que contará con representación valdeorresa.

Será da man de Brian Rodríguez Carballo do River Stone O Barco, que competirá en kata individual xuvenil masculino. Nesa categoría, na modalidade avanzado, Brian lograba a medalla de ouro na xornada 3 da Liga Galega de Karate disputada o 15 de abril no pavillón de Calabagueiros, no Barco de Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button