DeportesKárateÚltima hora

Brian Rodríguez (River Stone O Barco), 2° en kata xuvenil no Campionato de España de Estilos, en Murcia

 

Na presentación da Xornada 3 da Liga Galega de Karate que se celebrará o día 15 no Barco, o mestre Nicolás Rodríguez aseguraba que en Valdeorras “faise karate de nivel, non só galego senón tamén nacional”. E así o demostraban unha vez máis esta fin de semana, no Campionato de España de Estilos celebrado en La Manga, Murcia.

 

Nicolás Rodríguez facendo unha cata.

 

Na xornada do sábado 1 de abril era o turno do estilo Shotokan, o que se practica en Valdeorras, coa participación de varios karatekas do Club River Stone do Barco. O mellor posto era para Brian Rodríguez que lograba o 2° posto en kata xuvenil masculino, mentres que Eric Rodríguez e Nicolás Rodríguez eran 5° en kata alevín masculino e kata veteranos2 (50-59) masculino, respectivamente. Nazan Barreda era 7° en kata infantil masculino e tamén competía Aina Moral en kata xuvenil feminino.

Artigos relacionados

Back to top button