Dende hoxe e ata o venres, a cidade estremeña de Almendralejo acolle a XXIV edición de Iberovinac, o Salón do Viño e a Oliva de Estremadura. Un evento consolidado como punto de encontro para os amantes da enogastronomía, poñendo de relevo a riqueza vitivinícola e oleícola da rexión que conta con figuras recoñecidas no ámbito gastronómico.
Unha das principais novidades desta edición éa organización de xornadas temáticas centradas na hostalería, o viño, a uva, a oliva de mesa e o aceite. Estas actividades están deseñadas para fomentar o intercambio de coñecementos e experiencias entre os profesionais do sector.
Iberovinac 2025 promete ser unha celebración do sabor, a cultura e a tradición, onde os asistentes poden gozar do mellor da enogastronomía estremeña. A inauguración tiña lugar na mañá deste martes día 25 co paso das autoridades polo recinto no que está un ano máis o stand do Concello da Rúa, no que ten cabida, coma sempre, a DO Valdeorras e a Ruta do Viño de Valdeorras. A delegación ruesa, entre os que se atopan varios concelleiros (as socialistas Ana Fernández e Mari Carmen Álvarez, e os populares Álvaro Fernández e Raúl Yáñez), estará estes días na cidade irmanada coa Rúa.
Fotos cedidas.