DeportesÚltima hora

Bronce para o Club Adas do Barco no Campionato de España de medio maratón

O equipo masculino M45 facíase con este metal, mentres que o absoluto quedaba oitavo

 

Catro medallas foi o balance xeral colleitado polos atletas galegosno Campionato de España de Medio Maratón nas categorías absoluta e máster, celebrado o 11 de setembro na localidade cántabra de Oruña de Piélagos. A esta proba acudía un bo número de galegos e galegas con serios obxectivos tanto no terreo individual como na clasificación por clubs. Foi precisamente neste último apartado, onde o Club Adas do Barco, como xa fixera o ano pasado, subía novamente ao podio para recoller o premio correspondente ao seu terceiro posto na categoría M 45 e + e na que o seu atleta Ricardo Vázquez sería o mellor clasificado no sexto lugar. De igual modo o club Fisioterapia San Lázaro lograba o meso resultado na categoría master 35-44 con Rubén Pereira liderando o conxunto galego.

Na categoría feminina e no terreo individual, excelente unha vez máis Sole Castro do Comesaña quen lograba o título nacional na categoría F55 logo de lograr un crono de 1h.34:54. A segunda das medallas viría da man doutra das lendas do noso deporte, Julia Vaquero do Atletismo Trega, quen de igual modo, na categoría F50, subía ao podio na segunda posición cun tempo oficial de 1h.34:44.

 

Artigos relacionados

Back to top button