En portadaÚltima hora

Brote de coronavirus no Barco con catro casos

Exterior do Hospital Comarcal Valdeorras, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Consellería de Sanidade veñen de notificarse nesta tarde catro novos brotes de Covid-19 na provincia de Ourense, un deles no Barco. Trátase dun brote de orixe social e familiar con 4 casos: tres mulleres de 57, 84 e 24 e un home de 88 anos, que está ingresado no Hospital Público de Valdeorras.

Hai tamén un novo brote de orixe familiar na comarca de Verín con outros 4 casos: dúas mulleres de 60 e 55 anos e dous homes de 58 e 66 anos. Ten orixe familiar. E rexístrase outro brote no concello de Verín, tamén de orixe social e familiar, con tres positivos: 3 mulleres de 26, 46 e 47 e dous homes de 26 e 59 anos.

Sanidade comunica ademais un brote de orixe familiar e social en Ourense con seis 6 casos: tres mulleres de 15, 42 e 85 e tres homes de 34, 90 e 91.

Artigos relacionados

Back to top button