A RúaConcellosÚltima hora

Búscanse artistas para a II edición do particular “Got Talent” da Rúa Vella

A data límite para enviar os vídeos é o 12 de agosto

 

Unha das participantes na I edición do Got Talent rues./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Trala gran acollida da primeira edición que reunía a 15 participantes e incluía unha unha espectacular actuación de Rigoberta Vandini, a Asociación Sabugueiro pon en marcha o II “Got Talent”, un concurso de talentos dirixido a todos os públicos co que abrir as Festas de San Roque 2023.

Para participar, todo aquel que teña algún talento e queira, ten que enviar ao 699 444 462 un vídeo de 1 minuto de duración como máximo no que demostre todo o seu arte. O seleccionado actuará o xoves 17 de agosto na praza César Conti no marco das festas. Ademais haberá dous premios por categoría. Na infantil (-12 anos), 1º premio de 50 euros e  2º camiseta da asociación; e na adulto (+ 12 anos), 1 premio de 100 euros e 2º camiseta da asociación.

A data límite para enviar os vídeos é o 12 de agosto.

 

Artigos relacionados

Back to top button