DeportesGalerías de fotosÚltima hora

O C.D. Rúa comeza o ano cunha contundente vitoria no Aguillón

Co 3-0 remataba o partido ante o C.D. Coles na tarde do 7 de xaneiro

Parece que lles sentou ben o descanso navideño aos rapaces de Javi Ferrer, que veñen de comezar o ano cunha contundente vitoria en casa ante o Coles. Co 3-0 no marcador remataba o partido correspondente á xornada 16 en segunda autonómica disputado na fria tarde do 7 de xaneiro no campo do Aguillón.

Despois ducha primeira parte sen goles nin ocasións claras, era Lora quen adiantaba aos locais no minuto 60, grazas a un gran disparo que o porteiro, Iñaki, foi incapaz de parar. Os visitantes atacaban tentando igualar o marcador pero eran de novo os do Rúa os que o facían grazas ao tiro de Juan. Avanzada a segunda metade, o Coles quedaban con dez xogadores no campo trala expulsión de Iago por dobre cartón amarelo, e Lora sentenciaba o encontro ao transformar un penalti no 83′.

Con este resultado o C.D. Rúa comeza o mes e o ano no 8º posto da clasificación e un partido menos (está pendente o Amoeiro-Rúa). Na próxima xornada enfrontaranse ao Salamonde no seu propio campo.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button